Xornada de portas abertas en Trazo

Novas

Xornada de portas abertas en Trazo

Xornada de portas abertas en Trazo

Dende a Escola de Tecnificación Vero Boquete lanzamos unha xornada de portas abertas, co obxectivo de achegar a nosa metodoloxía a todos aqueles interesados en coñecernos. Sen ningún tipo de compromiso, invitámosvos o xoves 28 de setembro as nosas instalacións en Trazo (campo Augas Santas-Chaián) para participar na sesión de adestramento ás 18:00 horas.

Se estades interesados en asistir, podedes enviarnos un correo a tecnificacion@veroboquete.com, enviarnos unha mensaxe a través da sección de contacto ou ben chamarnos o teléfono 646 974 375 para reservar a túa praza. É GRATIS!!!



Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do R.D. 13/2012. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK | Máis información