Vero Boquete presenta o Summer Camp 2017

Novas

Vero Boquete presenta o Summer Camp 2017

Vero Boquete presenta o Summer Camp 2017

Tras despedir o pasado mes de decembro en Santiago de Compostela a sexta edición do seu Campus de Nadal, a Escola Vero Boquete segue adiante cos seus proxectos e fai realidade o Summer Camp 2017, un campamento de verán que terá lugar nas localidades coruñesas de Porto do Son e Riveira do 26 de xuño ao 1 de xullo.

Encadrado dentro das actividades da Escola Vero Boquete, o Summer Camp 2017 ten como obxectivo educar en valores como a igualdade, o esforzo e o respeto a través do deporte.

“Os participantes se atoparán co que máis lles gusta: moito fútbol, coas sesión amenas destinadas a mellorar a técnica e a táctica. Pero tamén serán días de convivencia e de amizade nos que todos disfrutaremos coa práctica doutros deportes e actividades como a escalada, o surf ou a vela”, explica a capitana da Selección Español Feminina de Fútbol.

Este Campus estará destinado a xoves de 6 a 18 anos, que poderán adaptarse a dúas modalidades:

  • INTERNOS / ALBERGADOS: Inclúe adestramentos de fútbol pola mañá (9:30-13:30), deportes náuticos (surf, vela, ...) e actividades de tempo libre (escalada, senderismo e veladas nocturnas).

Prezo: 350 euros. Inclúe aloxamento e actividades.

  • EXTERNOS / NO ALBERGADOS: Inclúe adestramentos de fútbol pola mañá (09:30-13:30).

Prezo: 150 euros. Sen aloxamento.

Para levar a cabo este Summer Camp, Vero Boquete apoiarase nun grupo de adestradores cualificados e en expertos das diferentes actividades a realizar. Todos eles lles darán ós participantes a mellor das atencións e a posibilidade de vivir unha experiencia única nun ambiente lúdico e deportivo.

Ademais, o entorno de Porto do Son e Riveira ofrecen un marco único. Ás boas instalacións (campus de fútbol, polideportivo, albergue, piscina,...) únese un espazo natural fantástico (praias, montañas, río, ...) que permitirán ós participantes disfrutar plenamente deste Summer Camp.

Vero Boquete: “Non atopo mellor maneira de educar que mediante o xogo e o deporte”

Para a xogadora do París Saint Germain supón unha “enorme alegría” poder seguir adiante cos seus proxectos dentro da Escola Vero Boquete e realizar a segunda edición do seu campus de verán, tras a celebración da sexta edición do seu Campus de Nadal e a posta en marcha da súa Escola de Tecnificación (Arteixo e Trazo).

O prazo de inscrición comeza hoxe ata esgotar as prazas dispoñibles.  

 

Información e inscricións

Email: info@veroboquete.com

Teléfono: 646 974 375

Web: http://escola.veroboquete.com/




Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do R.D. 13/2012. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK | Máis información