V Campus Vero Boquete

Novas

V Campus Vero Boquete

V Campus Vero Boquete

Os días 28, 29, e 30 de decembro terá lugar en Santiago de Compostela o V Campus Vero Boquete.

O Campus vai dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos que queiran desenvolver e perfecionar os fundamentos técnico-tácticos do fútbol, tanto a nivel colectivo como individual, nun marco incomparable de amizade e compañeirismo. Ademáis, o Campus terá un carácter bilingüe coa Masterclass impartida por unha adestradora americana e contará co adestramento específico de porteiro, charlas con deportistas, torneo final, albergue, etc.

O Campus é unha actividade máis da Escola Vero Boquete que ten como obxectivo principal educar en valores como a igualdade, o respecto e o esforzo. 

Con esta quinta edición queda máis que confirmado que é xa un evento habitual do nadal compostelán e galego.

V Campus Vero Boquete

 



Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do R.D. 13/2012. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK | Máis información