Comeza o curso na Escola de Tecnificación

Novas

Comeza o curso na Escola de Tecnificación

Comeza o curso na Escola de Tecnificación

Volve a Escola de Tecnificación, unha das actividades estrela e máis innovadora dentro da Escola de Fútbol Vero Boquete.

Mellorada, perfeccionada, adaptada a horarios e campos, pero coa mesma esencia: a de compartir valores a través da práctica e mellora da técnica e táctica no fútbol.

Con grupos reducidos e programas orientados ás necesidades e melloras individuais. Un complementeo perfecto aos adestramentos semanais cos equipos, as "clases particulares" do fútbol, un extra para os mozos futbolistas.

"Persoalmente, creo que este tería sido uns dos meus soños de pequena, unha actividades que engadir aos adestramentos cos meus equipos, unhas horas mensuais que me axudarían a marcar diferenzas".
Vero Boquete

Máis información na sección da Escola de Tecnificación.




Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do R.D. 13/2012. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK | Máis información