Summer Camp 2017

Actividades

Summer Camp 2017

 

Summer Camp é un campamento de verán que ten lugar en diferentes localidades da Comunidade Autónoma de Galicia.

Encadrado dentro das actividades da Escola Vero Boquete, o Summer Camp ten como obxectivo educar en valores como a igualdade, o esforzo e o respecto a través do deporte.

Este campus estará destinado a xóvenes de entre 8 e 18 anos, que poderán adaptarse a dúas modalidades:

  • INTERNOS / ALBERGADOS: Inclúe adestramentos de fútbol pola mañá (9:30-13:30), deportes náuticos (surf, vela…) e actividades de tempo libre (escalada, senderismo e veladas nocturnas). 
  • EXTERNOS / NON ALBERGADOS: Inclúe  adestramentos de fútbol pola mañá (9:30-13:30). 

Para levar a cabo este Summer Camp, Vero Boquete apoiarase nun grupo de adestradores cualificados e expertos das diferentes tarefas a realizar. Todos eles lle darán aos participantes a mellor das atencións e a posibilidade de vivir unha experiencia única nun ambiente lúdico e deportivo.

 

INFORMACION E INSCRIPCIÓNS:

Email: info@veroboquete.com

Teléfono: 646 974 375

 






Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do R.D. 13/2012. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK | Máis información